martes, 26 de enero de 2010

A historia de Alexie.

Alexie Rosemond é unha xoven haitiana de 11 anos que ten unha enfermidade mortal. Pero ela non pode sabelo, xa que o seu cerebro está afectado pola febre amarela e ela apenas distingue o que pasa ó seu redor. Ela grita moito, non se sabe si é pola dor ou por algún soño que lle trae o recordo de catro días baixo os escombros dun edificio da capital haitiana.

Cando a salvaron, a súa nai levouna con ela ó poblado de Petit Trou de Nippes, na parte máis occidental do país. Un equipo de expertos médicos examinouna no hospital do poblado e determinou que padecía febre amarela nun estado moy avanzado, que estaba a punto de limitar os seus movementos e a súa fala. Os médicos afirman que a rapaza ten pocas posibilidades de sobrevivir, ainda que van a facer todo o posible para que salga adiante.

Esta historia reflexa á perfección o sufrimento que está a vivir o país americano. Recentemente, un dos seus mandatarios afirmou que farían falta polo menos dez anos para poder reconstruir todolos edificios e as casas das principais cidades. Esperemos que nestes dez anos a sorte poida favorecer a uns dos países máis pobres de América para que todolos seus habitantes poidan vivir en paz.

lunes, 18 de enero de 2010

Presentación sobre buscadores.